Xornalismo Local Calidade Talento
Máis de 100 anos informando á comunidade galega a través das nosas cinco cabeceiras.
Queres aparecer nos nosos periódicos?
As nosas cabeceiras enfocadas a un público local son perfectas para anunciar negocios da zona.
Editorial La Capital
Na nosa editorial, levamos máis dun século comprometidos coa verdade e a información de calidade, compartindo historias á xente da nosa comarca.
Os nosos xornais, catro cabeceiras locais e o único diario deportivo de Galicia, son o resultado do traballo dedicado e comprometido dos nosos xornalistas.
Para chegar aínda máis lonxe e estar preto dos nosos lectores alá onde estén, tamén ofrecemos contados en liña e nas nosas redes sociais.
Oscar Ulla
Chegou a El Ideal Gallego en 2018 para ocuparse das información de Sociedade. Desde 2019 encárgase dos contidos culturais vinculados á cidade, que compaxina con incursións puntuais en información local.
Clara Bernal
Licenciada en Xornalismo pola USC grazas a Couso, Sistiaga e ao seu avó, que a ensinou a ler xornais. Especializada en Estudos Internacionais e Industrias Creativas. Filla pródiga da prensa no Ideal Gallego. Pensa mellor cando escribe e debuxa.
Cristina Rodríguez
Integrante do equipo fundacional do Diario de Ferrol, especialízase en información municipal e política. Graduada en Filoloxía Hispánica, comezou nel Ideal Gallego e uniuse ao equipo da cabeceira ferrolá en 1999. En maio de 2024, coincidindo co 25 aniversario, asumiu a dirección do Diario.
Eva Mazás
Graduada en Xornalismo pola UPV/EHU, conto historias porque me gusta escoitalas. “Amiga do saber”, como di o meu pai. Para poder entender o mundo, hai que empezar polo propio que, no meu caso, é Ferrol. En Diario desde xullo de 2024.
Noela Rey
Editora web e xestora de RRSS en Editorial La Capital. Licenciada en Xornalismo e máster en turismo. Vogal da APC, traballou en radio, televisión e gabinetes e escribiu “Os nosos”. Dirixiu Local e Xeral no Ideal Gallego.
Eugenio Cobas
Coruñés de Santa Margarita e licenciado en xornalismo pola USC, iniciou a súa traxectoria profesional no ano 2000 en Editorial La Capital. Tras pasar por varios diarios da cidade, regresou á súa primeira casa en 2023.
Begoña Chas
En DXT Campeón desde o primeiro minuto dun partido que dura xa 28 anos, a paixón é o que lle move e así tenta reflectilo no seu traballo todos os días desde o departamento de marketing e publicidade de Editorial La Capital.
Daniel Alexandre
Técnico superior en Fotografía Artística e en Artes aplicadas do Deseño Gráfico pola Escola Antonio Failde de Ourense, leva máis de 16 anos como fotógrafo de Diario de Ferrol.
Verónica Vázquez
Licenciada en Xornalismo. Posgraduado en Comunicación e Información Radiofónica. Antes de chegar a Diario de Ferrol en marzo de 2022, pasou por radio, televisión e otros medios de prensa escrita.
Paola Feal
Licenciada en Xornalismo pola USC e curtida en DXT Campeón. No Ideal Gallego atendeu a información xeral e local antes de ocuparse da visión completa da actualidade. Subdirectora con alma de académica da RAE.
Lucía Dávila
Debutou co Real Madrid e o Castilla na capital, pero decidiu volver á Coruña para cubrir ao Depor. Graduada en Xornalismo e Interpretación, realizou traballos como actriz, aínda que a súa verdadeira vocación é a prensa deportiva e falar sobre fútbol e TikTok.
Noa Bujan
Formada como profesional no propio periódico, a partir do ano 2008 en que entra, moi nova aínda. Desenvólvese no arquivo do Ideal Gallego e DXT Campeón como no seu hábitat natural.
Jorge Riveiro
Licenciado en Xornalismo, chegou a El Ideal Gallego en 2022 para apontoar a sección de Xeneral. Nos seus intres libres discute e escribe de política, artefactos culturais ou calquera outra mala idea que se lle pase pola cabeza.
Manuel Froxán
Licenciado en Historia e xornalista colexiado. Traballou no Ideal Gallego en Carballo e tamén na sección de deportes da cabeceira principal, na actualidade traballa como xefe de sección no Diario de Bergantiños.
Anxo Louro
Xornalista con experiencia en diarios e medios de comunicación locais, principalmente en redacción e producción de artigos.
Abel Peña
Licenciado en Xornalismo na Universidade Pontificia de Salamanca, leva desde 2003 traballando no Ideal Gallego, sempre na sección de Local. Actualmente encárgase de política municipal e de sucesos.
Victor Barcala
Chegou no ano 2000 ao xornal, como xefe de sección de infografía.
Rita Tojeiro
Graduada en Xornalismo pola USC, a natureza apaixóname, polo que me gusta coñecer desde plantas ata manifestacións de arte humanas. Encántame traballar con información local e en Diario de Ferrol dedícome á sección de Cultura.
Marta Corral
Licenciada en Xornalismo pola USC, me curtí en dixital en Ferrol360 e O Español. Desde febreiro de 2024 formo parte do equipo de Diario de Ferrol contando historias na web, montando vídeos e xestionando as redes sociais.
Juan Ramón Fernández
Redactor xefe. Leva no xornal desde 1997 dirixindo a sección de suplementos e de fútbol sala e fútbol local antes desta nova etapa.
Carmen Hierro
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras pasar por diferentes diarios e despois de anos dedicándose ao márketing en liña, uniuse ao Diario de Arousa no 2024.
Carmen Costa
Aprendendo todos os días no mundo do marketing e publicidade, cree no traballo das persoas e que os equipos fannos máis fortes. Escoitar as necesidades do cliente é a súa prioridade. Sempre conectada.
Omar Bello
Despois de case tres lustros dedicados ao xornalismo deportivo en prensa escrita, radio e televisión, chegou a El Ideal Gallego no verán de 2021 para continuar a súa carreira en escenarios diferentes.
Santi Mendoza
Redactor de Fútbol Gallego, uniuse á empresa en 2023 tras prácticas e coberturas noutros deportes. Graduado en CCAFyD e Socioloxía, apaixonado polo deporte, especialmente fútbol, Fórmula 1 e tenis.
Armando Palleiro
Xornalista da sección do Depor no DXT Campeón é a persoa que máis e mellor coñece os aspectos sociais do club branquiazul e sempre premiado e recoñecido pola afección.
Mariña Bello
Nun ano especial, o seu 25° aniversario, incorpórome ao xornal dá miña cidade en xaneiro de 2024. Cando naceu, era alumna do instituto Concepción Arenal, e despois licencieime en Publicidade e RRPP en Pontevedra. Agora encárgome de coordinar o departamento comercial e dás relacións institucionais do Diario de Ferrol e comarca.
Mar Casal
Iago Couce
Xornalista Doutros Deportes, Polideportivo e TuMotor desde 2022, tras prácticas en 2020. Afeccionado a F1, Moto GP, Rally, Indycar, NBA, Euroliga e fútbol.
Mónica Ferreirós
Fotoperiodista desde o ano 1998. Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Premio Galicia de Fotografía Deportiva 2005 e terceiro premio na categoría Noticias no Certame de Fotojornalismo Estaçao Imagem Moura 2014, entre outros.
Pedro Puig
Fotoxornalista desde 1987. En Editorial La Capital desde 1995 e Xefe de Fotografía do Ideal Gallego e DXT Campeón desde 2001.
Blanca Troca
Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC con algo de xornalismo polo medio. Tratando de seguirlle o ritmo ao deporte de Ferrolterra en Diario de Ferrol desde xuño de 2024.
Tamara López
Apaixonada da Publicidade e o Marketing. Escoitar e comprender a cada cliente para crear una estratexia que consiga chegar ao seu público obxectivo, é a súa prioridade.
Belén Cebey
Juan Quijano
Licenciado en Xornalismo pola USC, integrante do equipo fundacional de Diario de Ferrol e xefe de Deportes. Afeccionado de toda a vida (expresión que reflicte o meu ferrolanismo) dos deportes en xeral e desde hai máis de 20 anos preocupado especialmente dos que se practican en Ferrolterra. Desde Canido tento chegar o máis lonxe que podo para ver todo o que alcanzo.
Lucía Crujeiras
Formada na Universidade de Santiago de Compostela como xornalista, iniciou a súa etapa no Ideal Gallego en 2020. Segue a actualidade galega sen perder de vista a información nacional e internacional.
Patricia Gago
Técnica superior en imaxe pola EIS. Leva traballando no Ideal Gallego e DXT desde o ano 2008.
Doda Vázquez
Iniciouse como xornalista a finais dos anos 90 en DXT Campeón e El Ideal Gallego, tras pasar pola Facultade de Ciencias da Información de Salamanca. Saíu, viu mundo e seguiu aprendendo noutros xornais ata que en 2015 volveu á súa casa, a Editorial La Capital, onde se encarga de coordinar as cinco páxinas web do grupo.
Jose Pereira
Director de Diario de Arousa. No xornal desde a súa fundación. Cree no XORNALISMO con maiúsculas e coincide con García Márquez en que é o mellor oficio do mundo e con Ryszard Kapucinski en que para exercelo hai que se un bo ser humano.
Eladio González
Xornalista e investigador especializado en comunicación dixital. Debutou na radio, foi encargado de redes sociais na Xunta e agora cobre Compostela nel Ideal Gallego.
Rosa Balsa
Graduada en Xornalismo en Santiago de Compostela, iniciou en “Meta Sport”. En 2000 uniuse a El Ideal Gallego en Internacional. Desde 2003, dirixe Diario de Bergantiños.
Alba Piñeiro
Licenciada en Comunicación Audiovisual. Incorporouse ao equipo do Diario de Arousa en 2020 para cubrir os municipios de Sanxenxo e O Grove.
Mª José Martínez
Con máis de 20 anos formando parte de Editorial La Capital como responsable do dpto. de subscricións e distribución, a atención aos nosos lectores son a súa prioridade.
Gonzalo Sánchez
Redactor de Deportes do Diario de Arousa. Chegou ao xornal no ano 2004 como colaborador de deportes.
Montserrat Fernández
Traballou en Xornal de Cataluña, logo volveu a Galicia para un máster e comenzar na Voz e Radio Galega. Actualmente traballa en Diario de Ferrol cubrindo diversas seccións.
Chechu López
Redactor de Diario de Arousa desde outubro de 2008. Desde a súa chegada ao xornal encárgase de informar da actualidade dos catro municipios que conforman a comarca do Barbanza.
Fran Moar
Licenciado en Xeografía e Historia e Máster en Xornalismo. Redactor del Ideal Gallego desde 2000.
Xose María Gómez
Nacido en Ferrol en 1980 e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2022 incorporouse á redacción de Diario de Ferrol, na que, cunha paréntese de catro anos, traballa até a actualidade.
Noelia Díaz
Periodista de Cambre con 15 anos de experiencia en diarios e comunicación. Autora de “30 anos de Rock in Cambre”, presidenta dunha pena deportivista e exbatería dun grupo de rock, entrou no Ideal Gallego en 2016.
Isabel Pereira
Desde o dpto. de marketing e publicidade da Editorial La Capital con máis de 15 anos de experiencia, a paciencia e fortaleza caracterízana. Sempre sumando e apoiando en todos os proxectos da editorial.
Lucía Tenreiro
Xornalista por convicción e vocación, estudou na Universidade Pontifica de Salamanca e incorporouse a El Ideal Gallego en 2003. Especializada en información metropolitana, compaxina o seguimento da contorna de Coruña e Betanzos con temas de Sanidade.
Chaly Novo
Redactor na sección de polideportivo desde 1999, desenvolveu o seu traballo neste apartado, que coordina desde 2022.