Xornalismo  Local  Calidade  Talento

Máis de 105 anos informando á comunidade galega a través das nosas 5 cabeceiras.

O noso equipo é o noso maior activo e sen eles non poderiamos ofrecer a información ca veracidade, seriedade, actualidade e cercanía que os nosos lectores esperan.
Cada persoa aporta a súa experiencia, coñecementos e pasión polo traballo que facemos e iso refléxase na calidade das nosas publicacións.

Algúns dos nosos compañeiros:

Noelia Díaz

Noelia Díaz

El Ideal Gallego

Periodista de Cambre con 15 anos de experiencia en diarios e comunicación. Autora de “30 anos de Rock in Cambre”, presidenta dunha pena deportivista e exbatería dun grupo de rock, entrou no Ideal Gallego en 2016.

Olalla Bouza

Olalla Bouza

Diario de Arousa

Licenciada en Historia pola USC. Comezou a traballar no Diario de Arousa en 2008, dedicada sobre todo á sección de Vilagarcía.

Omar Bello

Omar Bello

El Ideal Gallego

Despois de case tres lustros dedicados ao xornalismo deportivo en prensa escrita, radio e televisión, chegou a El Ideal Gallego no verán de 2021 para continuar a súa carreira en escenarios diferentes.

Oscar Ulla

Oscar Ulla

El Ideal Gallego

Chegou a El Ideal Gallego en 2018 para ocuparse das información de Sociedade. Desde 2019 encárgase dos contidos culturais vinculados á cidade, que compaxina con incursións puntuais en información local.

Pablo Zaballa

Pablo Zaballa

DXT

Xornalista sen títulos (como o Celta), chegou a DXT Campeón cos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e soña con viaxar a París 2024. Escribe do Liceo, o CRAT ou calquera deportista coruñés cunha historia que contar.

Paola Feal

Paola Feal

El Ideal Gallego

Licenciada en Xornalismo pola USC e curtida en DXT Campeón. No Ideal Gallego atendeu a información xeral e local antes de ocuparse da visión completa da actualidade. Subdirectora con alma de académica da RAE.

Patricia Gago

Patricia Gago

DXT, El Ideal Gallego

Técnica superior en imaxe pola EIS. Leva traballando no Ideal Gallego e DXT desde o ano 2008.

Pedro Puig

Pedro Puig

DXT, El Ideal Gallego

Fotoxornalista desde 1987. En Editorial La Capital desde 1995 e Xefe de Fotografía do Ideal Gallego e DXT Campeón desde 2001.

Rita Tojeiro

Rita Tojeiro

Diario de Ferrol

Graduada en Xornalismo pola USC, a natureza apaixóname, polo que me gusta coñecer desde plantas ata manifestacións de arte humanas. Encántame traballar con información local e en Diario de Ferrol dedícome á sección de Cultura.

Rosa Balsa

Rosa Balsa

Diario de Bergantiños

Graduada en Xornalismo en Santiago de Compostela, iniciou en “Meta Sport”. En 2000 uniuse a El Ideal Gallego en Internacional. Desde 2003, dirixe Diario de Bergantiños.