Xornalismo Local Calidade Talento
Máis de 105 anos informando á comunidade galega a través das nosas 5 cabeceiras.

O noso equipo é o noso maior activo e sen eles non poderiamos ofrecer a información ca veracidade, seriedade, actualidade e cercanía que os nosos lectores esperan.
Cada persoa aporta a súa experiencia, coñecementos e pasión polo traballo que facemos e iso refléxase na calidade das nosas publicacións.
Algúns dos nosos compañeiros:

Jorge Riveiro
Licenciado en Xornalismo, chegou a El Ideal Gallego en 2022 para apontoar a sección de Xeneral. Nos seus intres libres discute e escribe de política, artefactos culturais ou calquera outra mala idea que se lle pase pola cabeza.

Juan Quijano
Licenciado en Xornalismo pola USC, integrante do equipo fundacional de Diario de Ferrol e xefe de Deportes. Afeccionado de toda a vida (expresión que reflicte o meu ferrolanismo) dos deportes en xeral e desde hai máis de 20 anos preocupado especialmente dos que se practican en Ferrolterra. Desde Canido tento chegar o máis lonxe que podo para ver todo o que alcanzo.

Juan Ramón Fernández
Redactor xefe. Leva no xornal desde 1997 dirixindo a sección de suplementos e de fútbol sala e fútbol local antes desta nova etapa.

Lucía Crujeiras
Formada na Universidade de Santiago de Compostela como xornalista, iniciou a súa etapa no Ideal Gallego en 2020. Segue a actualidade galega sen perder de vista a información nacional e internacional.

Lucía Dávila
Debutou co Real Madrid e o Castilla na capital, pero decidiu volver á Coruña para cubrir ao Depor. Graduada en Xornalismo e Interpretación, realizou traballos como actriz, aínda que a súa verdadeira vocación é a prensa deportiva e falar sobre fútbol e TikTok.