Xornalismo  Local  Calidade  Talento

Máis de 105 anos informando á comunidade galega a través das nosas 5 cabeceiras.

O noso equipo é o noso maior activo e sen eles non poderiamos ofrecer a información ca veracidade, seriedade, actualidade e cercanía que os nosos lectores esperan.
Cada persoa aporta a súa experiencia, coñecementos e pasión polo traballo que facemos e iso refléxase na calidade das nosas publicacións.

Algúns dos nosos compañeiros:

Beni Yanez

Beni Yanez

Diario de Arousa

Licenciado en Xornalismo pola USC. Entrou como redactor ao Diario de Arousa en 2009 e é o seu redactor xefe desde 2015. Premio Risco de Creación Literaria, tamén publicou divulgación científica.

Blanca Troca

Blanca Troca

Diario de Ferrol

Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC con algo de xornalismo polo medio. Tratando de seguirlle o ritmo ao deporte de Ferrolterra en Diario de Ferrol desde xuño de 2024.

Carmen Costa

Carmen Costa

Editorial La Capital

Aprendendo todos os días no mundo do marketing e publicidade, cree no traballo das persoas e que os equipos fannos máis fortes. Escoitar as necesidades do cliente é a súa prioridade. Sempre conectada.

Carmen Hierro

Carmen Hierro

Diario de Arousa

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras pasar por diferentes diarios e despois de anos dedicándose ao márketing en liña, uniuse ao Diario de Arousa no 2024.

Chaly Novo

Chaly Novo

DXT

Redactor na sección de polideportivo desde 1999, desenvolveu o seu traballo neste apartado, que coordina desde 2022.

Chechu López

Chechu López

Diario de Arousa

Redactor de Diario de Arousa desde outubro de 2008. Desde a súa chegada ao xornal encárgase de informar da actualidade dos catro municipios que conforman a comarca do Barbanza.

Clara Bernal

Clara Bernal

El Ideal Gallego

Licenciada en Xornalismo pola USC grazas a Couso, Sistiaga e ao seu avó, que a ensinou a ler xornais. Especializada en Estudos Internacionais e Industrias Creativas. Filla pródiga da prensa no Ideal Gallego. Pensa mellor cando escribe e debuxa.

Cristina Rodríguez

Cristina Rodríguez

Diario de Ferrol

Integrante do equipo fundacional do Diario de Ferrol, especialízase en información municipal e política. Graduada en Filoloxía Hispánica, comezou nel Ideal Gallego e uniuse ao equipo da cabeceira ferrolá en 1999. En maio de 2024, coincidindo co 25 aniversario, asumiu a dirección do Diario.

Daniel Alexandre

Daniel Alexandre

Diario de Ferrol

Técnico superior en Fotografía Artística e en Artes aplicadas do Deseño Gráfico pola Escola Antonio Failde de Ourense, leva máis de 16 anos como fotógrafo de Diario de Ferrol.

Doda Vázquez

Doda Vázquez

Editorial La Capital

Iniciouse como xornalista a finais dos anos 90 en DXT Campeón e El Ideal Gallego, tras pasar pola Facultade de Ciencias da Información de Salamanca. Saíu, viu mundo e seguiu aprendendo noutros xornais ata que en 2015 volveu á súa casa, a Editorial La Capital, onde se encarga de coordinar as cinco páxinas web do grupo.