Xornalismo Local Calidade Talento
Máis de 105 anos informando á comunidade galega a través das nosas 5 cabeceiras.

O noso equipo é o noso maior activo e sen eles non poderiamos ofrecer a información ca veracidade, seriedade, actualidade e cercanía que os nosos lectores esperan.
Cada persoa aporta a súa experiencia, coñecementos e pasión polo traballo que facemos e iso refléxase na calidade das nosas publicacións.
Algúns dos nosos compañeiros:

Abel Peña
Licenciado en Xornalismo na Universidade Pontificia de Salamanca, leva desde 2003 traballando no Ideal Gallego, sempre na sección de Local. Actualmente encárgase de política municipal e de sucesos.

Alba Piñeiro
Licenciada en Comunicación Audiovisual. Incorporouse ao equipo do Diario de Arousa en 2020 para cubrir os municipios de Sanxenxo e O Grove.

Anxo Louro
Xornalista con experiencia en diarios e medios de comunicación locais, principalmente en redacción e producción de artigos.

Armando Palleiro
Xornalista da sección do Depor no DXT Campeón é a persoa que máis e mellor coñece os aspectos sociais do club branquiazul e sempre premiado e recoñecido pola afección.

Begoña Chas
En DXT Campeón desde o primeiro minuto dun partido que dura xa 28 anos, a paixón é o que lle move e así tenta reflectilo no seu traballo todos os días desde o departamento de marketing e publicidade de Editorial La Capital.
